jueves, 28 de enero de 2010

CONSTITUCION DA ASOCIACION DE VECIÑAS E VECIÑOS PARROQUIAL DA VEIGA DE LOGARES-A FONSAGRADA

O día 16 de xaneiro de 2010, nunha reunión de vecíñas e veciños quedou consituida, e pendente dos trámites de legalización. a AAVV VEIGA DE LOGARES, elexindo o órgano de dirección provisional e quedando integrado por:
• PRESIDENTA:
Lourdes Villar Pimentel (Casa do Méndez-Liñares de Vilafurada)
• VICEPRESIDENTE:
Carlos López López (Casa de García-Robledo)
• SECRETARIO:
Xosé Gabriel Pacín López (Casa de Pacín-Vilardíaz)
• TESOUREIRA:
Fátima Faioes dos Santos (Casa de Carrín-S.Martín)
• VOCALES:
Virgilio Rodil Fernández (Casa de Rodil-Louteiro)
Antonio López Vidal (Cura da Parroquia)
Josefa Santamarina Fernández (Casa do Ribeiro-Veiga de Logares)
Jose Antonio Alvarez Alvarez (Casa do Vinto-Veiga de Logares)
Manuel Pérez Díaz (Casa de Pérez-Braña)
María Luisa Díaz Vilabrille (Casa da Pruida-Vilardíaz)

Son fins desta asociación, segundo os seus estatutos:
1. Organizar ós veciños e veciñas do parroquia para a mellor defensa e representación da parroquia.
2. Traballar pola mellora das condicións de vida de todos os veciños e veciñas da parroquia.
3. A defensa dos valores culturais e históricos, sociais, humanos, urbanísticos, medio ambientais,...
4. Representar os intereses veciñais ante as administracións, institucións ou entidades.
5. Promover o desenvolvemento social e económico na parroquia.
6. Favorecer unha parroquia e un concello da Fonsagrada máis humano e habitable
7. Potenciar a participación veciñal nos distintos organismos con incidencia na parroquia